>> Os nosos Fundadores
Os fundadores do Fogar de Santa Margarita son nun principio un grupo de mulleres pertencentes á Acción Católica, catequistas na parroquia de Santa Lucía. No grupo destacan as irmás Eulogia e Florinda Suárez Frige, Carmen Crespo, Gertrudis Barrii, Mª Luisa Molina, Purificacisn García, Casilda Alonso, Matilde Obregón, Purificación Barrientos, Joaquina Salorio... No ano 1935 úneselles o sacerdote D. José Sardina Muiños.
Na Escritura Fundacional de 1940 aparecen como Patronos D. José Sardina e Dª Eulogia Suárez. Noutra escritura de 1955 agrégase ao Patronato Florinda Suárez. Esta realidade documental confire ás irmás Suárez Frige e D. José Sardina o ser considerados os fundadores por antonomasia.
| FLORINDA SUAREZ Y SUAREZ-FRIGE | |
![]() |
Naceu na Coruña e faleceu o 4 de setembro de 1960. A súa vida centrouse en vivir na presenza de Deus e comunicar esta vivencia aos demas. Todo o seu afán era evangelizar a través da catequesis e da práctica constante, alegre e reservada da caridade. A súa preocupación polas vocacións sacerdotales foi tan intensa e eficaz que o Cardeal Quiroga Palacios nomeouna Delegada de vocacións. Foi o espírito, o alma do Fogar. |
| EULOGIA SUAREZ Y SUAREZ FRIGE | |
![]() |
Dª Eulogia, viuda de Ucha, como gustaba ser recoñecida, naceu na Coruña o 8 de xaneiro de 1893 e faleceu o 22 de xuño de 1982. O seu carisma era a súa capacidade de organizar e de arrastrar a xente para traballar nas obras catequéticas e de caridade. Aplicaba a racionalidad e o pragmatismo tanto para as cousas pequenas do día a día como para os proxectos que construíron o futuro da Fundación. O seu traballo apostólico realizouno sobre todo coas mozas e cos adultos. |
| JOSE SARDINA MUIÑOS | |
![]() |
D. José naceu o 15 de setembro de 1898 e faleceu o 4 de abril de 1988. Sacerdote moi novo. Coadjutor dunha parroquia rural, Capellan de Fundaciones Pías, Notario Eclesiástico, Consiliario de Movementos Apostólicos, Canónigo da Colegiata, Prelado de Honor do Papa. Sacerdote aberto e próximo. Pero sobre todo foi fundador, patrono e director do Fogar, obra pola que é coñecido. Con vocación de fundador, impulsou o crecemento e a adaptación constante do Fogar aos fins fundacionales. |