>> Historia da Fundación

No ano 1929 un grupo de mulleres, seglares, vinculadas á Acción Católica únense para a procura en común da forma en que pode cristalizar o seu compromiso cristián naqueles tempos difíciles e na cidade da Coruña.

No aqo 1935 úneselles como capelán D. José Sardina Muiños, que anima e sostén ao grupo en todos os seus traballos e ilusións.

Neste contexto nace o 17 de febreiro de 1937 a Asociación Fogar de Santa Margarita; mais tarde, o 20 de marzo de 1940, constitúese como Fundación.

O desenvolvemento das actividades comezan coa catequesis na Ermida de Santa Margarita. É unha prolongación da catequesis da parroquia de Santa Lucía. Moitas familias do barrio de Santa Margarita carecían de medios económicos e foi necesario facer fronte á falta de alimentos e de escola.

A l principio utilízase o comedor público de San José situado na actual avenida de Finisterre. Na mesma avenida cédeselles un baixo que funciona como lugar de encontro e xogos. O paso seguinte foi alugar o primeiro piso da casa nº 2 do lugar de Cristais, na actual rúa de Pérez Cepeda e aquí instálase unha cociña e un comedor propio.

Dos que acudían ao comedor bastantes non asistían a escola algunha. De aí a preocupación: non basta o Catecismo, non basta o comedor, é necesaria a escola. E créanse as escolas diurna e nocturna.

No ano 1943, na mesma zona e na hoxe cale Val Inclán, inaugúrase o edificio propio, sé actual da Fundación.

Desde o seu inicio, os fundadores souberon adaptarse ás necesidades de cada momento aínda que nalgunhas etapas identificouse o Fogar cunha soa das actividades que desenvolvía os fins fundacionales.

A historia do desenvolvemento das actividades propias da Fundación exponse de forma somera nos apartados dedicados a cada unha delas.